Surfmarket.org nace en novembro do 2010 como un servizo gratuíto para toda a comunidade surfera e doutros deportes de deslizamiento de auga, neve e asfalto. O noso principal obxectivo é facilitar o intercambio e a venda de material deportivo entre particulares.

Coa vosa axuda conseguimos crecer e crear unha gran comunidade de compra e venda entre usuarios que xa supera os 10.000 usuarios rexistrados e que nos converten nunha das grandes webs de surf a nivel europeo. As nosas oficinas centrais están en Vigo, Galicia. O ano 2016 superamos o tres millóns de páxinas visitadas e non paramos de crecer grazas á vosa confianza.

Tamén dispomos dun Directorio Profesional de Empresas de Surf onde podes atopar as mellores escolas de surf, surfcamps, aluguer de táboas de surf e aluguer de furgonetas camper e autocaravanas.

No 2013 lanzamos unha sección nova cun directorio de ondas e guía de surf a nivel mundial no que podes colaborar subindo as túas ondas preferidas e compartíndoas coa comunidade. A mediados do 2013 tamén lanzamos a nosa tenda en liña de surf con moi boa acollida por parte dos nosos usuarios nos seus primeiros anos de vida. Aos poucos imos introducindo novas marcas e referencias apostando sempre por produtos de boa relación calidade prezo que os surfeiros sabemos valorar. Na tenda atoparás táboas e accesorios para practicar surf, bodyboard, paddle surf, longboard, kitesurf, snowboard, windusf, skateboard, neoprenos e skimboard.

Tamén accesorios de praia como ponchos de toalla, bolsas impermeables, protección solar, etc.. Mes a mes imos ampliando o catálogo de complementos como lentes de sol, gorras, cintos, carteiras e pequenos accesorios con marcas de toda a vida.

En 2017 lanzamos a nova versión da web adaptada ás tablets e smartphones con novas funcionalidades como a lista de desexos, melloras nos perfís de usuario, novo deseño máis sinxelo e outras moitas melloras que iremos incorporando este ano.

Tambien pódesnos atopar en varias Redes Sociais como Twitter, Facebook, Instagram e Pinterest dunha maneira bastante activa porque nos gusta estar en contacto coa xente que realmente goza deslizándose sobre a auga, neve ou asfalto.

Moitas grazas por visitar e utilizar a nosa web!

Titular: Francisco Campos Rey - Surfmarket
Dirección Oficinas Centrais: C/ Serafín Avendaño nº2 - 10ºB. 36201. Vigo, Galicia, Spain.
Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfono de contacto: +34 670 466 314
Número de identificación fiscal: ES36127021R

Resolución de litigios en liña conforme ao Art. 14.1 do Regulamento (UE) 524/2013: A Comisión Europea facilita unha plataforma de resolucións de litixios en liña, poes usala na seguinte ligazón:

https://ec.europa.eu/consumers/odr